Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega

Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788482887524
Año de edición:
Materia
DICCIONARIOS, ENCICLOPEDIAS, ATLAS
ISBN:
978-84-8288-752-4
Páginas:
1328
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
150
Alto:
230
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

15,20 €

IVA incluido

O Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega é un volume de 1328 páx. que contén 8000 entradas. Inclúe 91 cadros nos que  se sintetiza importante información gramatical e que facilitan unha consulta rápida. E o primeiro dicionario galego que ofrece exemplos reais da linguaxe xornalística, literaria e académica dos últimos vinte anos. Este dicionario parte dunha concepción novidosa respecto doutros dicionarios xa existentes, a súa base é a lingua real e as súas indicacións oriéntanse cara á utilidade práctica de todos os que empreguen o galego en calquera ámbito, falado e escrito. Nas súas entradas ofrece solucións razoadas e contrastadas coa norma académica,  cunha explicación práctica da lingua e do seu léxico. O dicionario fornece etimoloxías, sinónimos e palabras afíns, e equivalentes noutras linguas cando é pertinente. Ofrece, por primeira vez na lexicografía galega, exemplos reais de uso da linguaxe xornalística, literaria e académica. Permite orientarse sobre o uso estándar e correcto da lingua e aclara dificultades sobre o uso de neoloxismos, estranxeirismos e impropiedades léxicas. E util para solucionar dúbidas sobre a gramática e a ortografía. Resolve dificultades de pronunciación e dá información sobre cuestións de estilo (puntuación, maiúsculas, siglas, abreviaturas...). Debido a que todas as linguas mudan e é preciso conservar o seu patrimonio e entender os seus cambios e novidades, este dicionario incorpora as últimas modificacións, tanto das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego coma do Vocabulario ortográfico da lingua galega. O dicionario Galaxia de usos e dificultades axuda á corrección e bo uso da lingua e  facilítalles tamén aos usuarios unha consulta rápida e fiable, ao que  contribúen os máis de noventa cadros gramaticais situados a carón da entrada correspondente.

Otros libros del autor en Llibreria Forum Babel

Materia en Llibreria Forum Babel

Galaxia en Llibreria Forum Babel

  • Quérote. Canto
    Titulo del libro
    Quérote. Canto
    Nº 91
    Ramos, Baldo
    Galaxia
    Dende un mesmo espazo compartido -o silencio- abrollan os poemas que, seguindo camiños paralelos, acabarán po...
    No disponible
  • O esconxurador
    Titulo del libro
    O esconxurador
    Marcos, Xesús Manuel
    Galaxia
    Unha gran novela chea de intriga de principio a fin ...
    No disponible
  • Elisa no mundo das marabillas
    Titulo del libro
    Elisa no mundo das marabillas
    AA.VV
    Galaxia
    Este é moito máis que un álbum ilustrado. É un libro feito dende a ilusión máis absoluta e que nace do en...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,50 €

  • Os anos escuros
    Titulo del libro
    Os anos escuros
    Franco Grande, Xosé Luís
    Galaxia
    A renovación da Real Academia Galega, o papel de figuras como Ramón Piñeiro, Borobó e Domingo García Sabel...
    No disponible
  • O rato
    Titulo del libro
    O rato
    Durán, Teresa
    Galaxia
    A lebre que corre polos prados, o paxaro que fai o seu niño no bosque,  o pingüín que vive entre o xeo e a n...
    No disponible

    4,40 €