Dicionario visual

Dicionario visual

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497823296
Materia
INFANTIL: DE 10 A 12 A?OS
ISBN:
978-84-9782-329-6
Páginas:
48
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
237
Alto:
308
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
DICCIONARIOS

20,95 €

IVA incluido

Un dicionario cheo de imaxes a toda cor que representan escenas da vida cotiá. Organizado en dobres páxinas e a grande formato, preséntase situacións arredor da familia, a casa e o xardín, o salón, o dormitorio, o baño, a cociña, o supermercado, a festa de aniversario, a aula, a visita ao médico, o parque, a granxa, a praia, o zoo, a cidade, o corpo humano, os oficios, os contrarios, as cores, as formas, o alfabeto, os número, as horas e os instrumentos musicais.  Cada unha das láminas, reproduce nas dúas marxes debuxos dos obxectos  máis representativos que aparecen acompañados de cadanseu nome. O presente "Dicionario visual", editado por Xerais e debuxado por Josep Vicó, mediante a relación entre as imaxes e a súa representación  gráfica, posibíltalles aos máis pequenos a aprendizaxe do vocabulario  básico. Grazas ao binomio imaxe-palabra, a fixación dos conceptos na mente dos nenos que se atopan nas primeiras fases da aprendizaxe da lectura faise máis doada e pracenteira. A riqueza das situacións que se representan nas escenas -protagonizadas polos membros da familia- fai que o "Dicionario visual"sexa especialmente recomendable para a estimulación da expresión oral dos cativos, xa que dá pé a conversar sobre as accións,  o vocabulario, as calidades, etc. O traballo das láminas está pensado  para que haxa unha interacción enre as persoas adultas e os nenos e nenas. Entre outras posibilidades didácticas, pódese xogar a atopar os  elementos das marxes no contexto da lámina. Hai uns poucos casos nos cales o obxecto, se ben pertence ao campo léxico que se traballa, non aparece na escena. As devanditas palabras levan un asterisco para advertilo. Ademais, a todo isto engádese o incentivo de descubrir un personaxe agochado en todas as láminas a grandes. Con esta vertente lúdica preténdese contribuír a desenvolver a agudeza visual dos pequenos.

Otros libros del autor en Llibreria Forum Babel

Materia en Llibreria Forum Babel

Xerais en Llibreria Forum Babel

  • Os megatoxos e o dragón de Xade
    Titulo del libro
    Os megatoxos e o dragón de Xade
    Nº 5
    Fariña, Anxo
    Xerais
    Nesta nova aventura dos Megatoxos, Ruxe, Ninfa, Faísca e Lúa viaxan ao  Xapón medieval na procura do Toxo pa...
    No disponible
  • (G).(02).FILOSOFIA 1º.BACHARELATO
    Titulo del libro
    (G).(02).FILOSOFIA 1º.BACHARELATO
    Vázquez Freire, Miguel
    Xerais
    No disponible

    29,60 €

  • O divino sainete
    Titulo del libro
    O divino sainete
    Curros Enriquez, Manuel
    Xerais
    Publicado en 1888, O Divino Sainete é un poema satírico de tipo caricaturesco que narra a peregrinación de C...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,50 €

  • Crónicas marcianas
    Titulo del libro
    Crónicas marcianas
    Bradbury, Ray
    Xerais
    "Crónicas marcianas" de Ray Bradbury é unha colección de relatos que constitúe a crónica dos primeiros int...
    No disponible
  • Os dereitos da infancia
    Titulo del libro
    Os dereitos da infancia
    Fernández Paz, Agustin
    Xerais
    En 1959 a ONU aprobou a Declaración Universal dos Dereitos do Neno. Dez principios que perseguen garantirlles ...
    No disponible

    12,20 €