Do descontento á acción

Do descontento á acción. A construción social da protesta campesiña en Galiza

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497821261
Año de edición:
ISBN:
978-84-9782-126-1
Páginas:
256
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

23,00 €

IVA incluido

"Do descontento á acción. A construción social da protesta campesiña en Galiza" analiza, a partir das achegas da psicoloxía social, a participación dos labregos e labregas nas mobilizacións campesiñas da década dos anos noventa. Na nosa sociedade a participación en movementos sociais e accións colectivas é unha forma habitual de facer  política. Por que e como se xeran as accións colectivas e por que chegaron a ser unha práctica tan común son preguntas centrais no libro  de Concha Fernández e Xosé Manuel Sabucedo. As distintas tradicións na análise social suxiren múltiples respostas: porque as persoas se senten agraviadas, porque teñen recursos para mobilizarse e aproveitan  as oportunidades políticas para protestar, porque construíron identidades colectivas politizadas... Non obstante, a pregunta de por que nacen os movementos sociais e accións colectivas é diferente á de por que os individuos participan. Obviamente se ninguén participa, non  hai movemento nin accións colectivas, pero tampouco o descontento compartido, por moi alto que sexa, xera automaticamente movementos de protesta. Son necesarios, ademais de recursos e oportunidades, poderosos motivos para transformar o descontento en acción. Analizar a  mobilización da acción é a cerna desta obra en que, á par dun preciso  estudo de caso das protestas campesiñas dos anos noventa, se achegan  reflexións e ferramentas analíticas absolutamente imprescindíbeis para comprendermos a acción colectiva, a participación política e a sociedade dos nosos tempos.

Xerais en Llibreria Forum Babel

  • Xogos de damas
    Titulo del libro
    Xogos de damas
    Ballesteros, Anxo R.
    Xerais
    No disponible

    6,45 €

  • O caderno de rama
    Titulo del libro
    O caderno de rama
    con X, Anxel
    Xerais
    Por mor da guerra que asola a cidade, un rapaz queda orfo. Cando é trasladado ao orfanato, descobre que a...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €

  • As palabras que move o mar
    Titulo del libro
    As palabras que move o mar
    Toxo, Xaime
    Xerais
    As palabras que move o mar son catro relatos longos que teñen como fío  condutor a memoria e a construción d...
    No disponible

    20,50 €

  • POLITICA E SOCIEDADE.3 BUP XERCOM
    Antiguo
    Titulo del libro
    POLITICA E SOCIEDADE.3 BUP XERCOM
    Vazquez Freire, Miguel / Perez Fernandez, Anxo
    Xerais
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    5,55 €

  • Pan de ánimas
    Titulo del libro
    Pan de ánimas
    Abeleira, Xoán
    Xerais
    Pan de ánimas é unha ofrenda a todos os mortos: aos mortos que seguen vivos e aos vivos que existen mortos. P...
    No disponible

    17,95 €