Entre fronteiras

Entre fronteiras

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788482886671
Año de edición:
Materia
LITERATURA CLASICA
ISBN:
978-84-8288-667-1
Páginas:
348
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
LITERARIA

19,50 €

IVA incluido
Comprar

A nova novela de Xavier Alcalá forma parte dun proxecto narrativo centrado na historia nunca contada das comunidades evanxélicas en Galicia. Entre fronteiras narra a historia dunha represión. Partindo de feitos reais, a novela de Alcalá achéganos á verdade a través da ficción. As consecuencias de vivir cunhas conviccións relixiosas diferentes e as vicisitudes que o contexto histórico impón aos evanxélicos en Galicia constitúen a materia prima da triloxía «Evanxélica memoria», iniciada coa novela que agora se publica. Entre fronteiras supón un esforzo narrativo singular. A historia que conta Xavier Alcalá nesta novela comeza durante o reinado de Alfonso XIII e chega á Guerra Civil. As circunstancias e os personaxes son retratados  coa exactitude dun escribán de xulgado e o pulso firme e apaixonante dunha narración que flúe dun xeito imparable. A base documental da novela está tomada directamente das conversas que o autor mantivo con membros da comunidade evanxélica en Galicia: os seus testemuños axudaron a Alcalá a tecer un relato de ficción narrativamente verosímil, amais de apaixonante polo que ten de historia vivida. Xavier Alcalá descobre unha parte ata o de agora descoñecida da nosa historia. O autor anuncia a continuación desta epopea do noso tempo noutras dúas novelas máis, Nas catacumbas e Unha falsa luz. Cada unha das partes da triloxía pódese ler de xeito independente, xa que abranguen distintos períodos da historia recente: a Guerra Civil, a posguerra e o franquismo ata a morte do ditador.

Otros libros del autor en Llibreria Forum Babel

  • Latitude Austral
    Titulo del libro
    Latitude Austral
    Alcalá Navarro, Xavier
    Galaxia
    Desde o subtrópico ás illas veciñas da Antártida, e durante as décadas  da chamada conquista interior dun ...
    No disponible
  • CARTAS AO CHOLO
    Titulo del libro
    CARTAS AO CHOLO
    Alcalá, Xavier
    Medulia
    No disponible
  • NOS PAGOS DE HUINCA-DOO
    Antiguo
    Titulo del libro
    NOS PAGOS DE HUINCA-DOO
    ALCALA NAVARRO, XAVIER
    Ediciones nos
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    6,24 €

  • Verde oliva
    Titulo del libro
    Verde oliva
    Alcalá Navarro, Xavier
    Galaxia
    Xavier Alcalá conta na súa nova novela as aventuras e desventuras de Mariana, a galega enguedellada nunha rev...
    No disponible
  • Huinca Loo
    Titulo del libro
    Huinca Loo
    Alcalá, Xavier
    Galaxia
    Gallegos, Ingleses, daneses... ¿Colonos o conquistadores? Imposible entender la Argentina sin ellos. Novela am...
    No disponible

Materia en Llibreria Forum Babel

Galaxia en Llibreria Forum Babel

  • Antoloxía poética
    Titulo del libro
    Antoloxía poética
    Sánchez Pereiro, Lois
    Galaxia
    Cunha introdución na que o poeta Daniel Salgado propón unha nova lectura da obra de Lois Pereiro, esta antolo...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,10 €

  • Tempo novo
    Titulo del libro
    Tempo novo
    Nº 13
    Neira Vilas, Xosé
    Galaxia
    Tras chegar a Cuba en 1961, Xosé Neira Vilas involucrouse activamente no proceso de transformación social do ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,45 €

  • Xeración perdida
    Titulo del libro
    Xeración perdida
    Castro, Francisco
    Galaxia
    Esta novela fala de Ricardo, un mozo que pasa droga e quere abandonar ese mundo. E tamén o relato da súa xera...
    No disponible
  • O enigma de Mona Lisa
    Titulo del libro
    O enigma de Mona Lisa
    Noel Toledo, María
    Galaxia
    Alí atopa o intimidante retrato do tío Alfonso, cuns ollos que a seguen onde queira que vaia. Aparecen cartas...
    No disponible
  • BÍCAME, FRANK
    Titulo del libro
    BÍCAME, FRANK
    Nº 315
    Fernández, Miguel Anxo
    Galaxia
    Todo comeza co roubo do manuscrito de "Vento mareiro", de Cabanillas, e despois co dun valioso papiro exipcio v...
    No disponible

    21,50 €