Feminismos

Feminismos

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499145006
Año de edición:
Materia
SOCIOLOGIA
ISBN:
978-84-9914-500-6
Páginas:
296
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
175
Alto:
240
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
XERAIS UNIVERSITARIA

Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, é unha guía de viaxe a través da cartografía dos feminismos que responde á rica biodiversidade real dos feminismos no mundo e tamén en Galicia. Con vontade divulgativa, este libro dá conta do movemento social que máis cambiou as estruturas sociais para mellorar a vida das persoas, producindo a teoría e a práctica máis plural e transformadora. Desde ese espírito enciclopédico que se dirixe a un amplo público non especialista, Feminismos presenta as achegas e os logros dos movementos feministas na mellora das sociedades en todo o mundo. En palabras da autora do limiar, Belén Martín Lucas, da man de Castro e Reimóndez coñecemos «o traballo dos colectivos de mulleres, pensadoras  e artistas, desde Galicia a Xapón, pasando polas repúblicas da antiga  Unión Soviética, China, India ou Africa subsahariana, por mencionar algunhas das áreas incluídas. Este mapa dos feminismos na xeografía e a historia pon de manifesto a gran diversidade de estratexias contra a  discriminación por xénero desenvolvidas en contextos culturais, políticos e sociais concretos». Poñendo de manifesto a mención especial que merece a sección dedicada aos feminismos en Galicia, a profesora Belén Martín Lucas conclúe asegurando que «as reflexións de Castro e Reimóndez convídannos a examinar o noso etnocentrismo para decatármonos das contribucións coas  que as activistas e pensadoras doutras culturas melloran o noso mundo, á vez que tamén poñen en valor as teorías e prácticas feministas xeralmente excluídas dos manuais do feminismo, as cales tenden a limitarse ao occidental (europeo e norteamericano case sen excepción)».

Materia en Llibreria Forum Babel

Xerais en Llibreria Forum Babel