Galicia

Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024881
ISBN:
978-84-8302-488-1
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

53,90 €

IVA incluido

Manuel Antonio Martínez Murguía, nacido o 17 de maio de 1833 no lugar de Froxel, freguesía de San Tirso de Oseiro, no concello de Arteixo, foi o gran historiador galego do século XIX facendo desta disciplina un instrumento de reivindicación nacional porque, segundo feliz expresión do propio Murguía, un pobo sen historia é un pobo morto. Manuel Murguía foi tamén o constructor do primeiro corpus teórico da galeguidade, dunha teoría da identidade que nos permitiu ós galegos descubrir os nosos horizontes como pobo con cultura propia.Galicia é un dos libros máis significativos da obra de quen foi o primeiro Presidente da Real Academia Galega. Concibido polos seus editores ó xeito de guía ou libro de viaxes para dar a coñecer Galicia, dificilmente se podería ter atopado a alguén máis entusiasta e autorizado para esta tarefa. Murguía non era persoa que, tratándose de  Galicia, se conformase co epidérmico ou co anecdótico. "No es por el placer de proclamar la hermosura de nuestros campos (...) ni por ensalzar la patria que uno ama, por lo que la describimos: es sí para que conociéndola, se conozca mejor su historia, su arte, la vida interior del pueblo que en ella se asienta", dinos el mesmo.Nas páxinas de Galicia podemos atopar algunhas das mellores aportacións de  Murguía ó estudio da prehistoria, á mitoloxía e ó folclore populares.  Por se isto non abondase, nos capítulos reservados ás cidades aparecen resumidas aportacións claves ó estudio da historia de Galicia, e implícito o seu concepto sobre o ser e o deber ser do seu país.Cento doce anos despois da súa aparición, no ano en que Manuel Murguía é homenaxeado por toda a sociedade galega no Día das Letras Galegas, este libro segue sendo de interese sobranceiro para quen queira achegarse a comprender intimamente a complexidade da identidade  do ser de Galicia.

Otros libros del autor en Llibreria Forum Babel

Xerais en Llibreria Forum Babel

  • Poesía Noriega Varela
    Titulo del libro
    Poesía Noriega Varela
    Noriega Varela, Antonio
    Xerais
    A poesía de Antonio Noriega Varela (1869-1947) serve de ponte entre o legado decimonónico e a literatura do s...
    No disponible

    9,00 €

  • Viaxes de Gulliver, as. (T.1)
    Titulo del libro
    Viaxes de Gulliver, as. (T.1)
    Swift, Jonathan
    Xerais
    No disponible

    7,85 €

  • Festas gastronómicas de Galicia
    Titulo del libro
    Festas gastronómicas de Galicia
    Casalderrey, Fina;García, Mariano
    Xerais
    Para peixe fresco Vigo, para bonito Burela, para chocos Redondela, para empanadas Bandeira, para lampreas Arbo,...
    No disponible

    33,50 €

  • Cantares gallegos
    Titulo del libro
    Cantares gallegos
    Castro, Rosalía De
    Xerais
    Rosalía de Castro (1837-1885) é a voz emblemática da nosa literatura, símbolo do Rexurdimento cultural no s...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,95 €

  • Silencio
    Antiguo
    Titulo del libro
    Silencio
    Alonso, Fran
    Xerais
    Cun estilo áxil, Fran Alonso constrúe en Silencio unha interesante trama que afonda na esquizofrenia do mundo...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    6,85 €