HISTORIA DA LITERATURA GALEGA IV

HISTORIA DA LITERATURA GALEGA IV. De 1936 a 1975. A " longa noite "

Editorial:
Xerais
EAN:
9788491214816
Año de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-9121-481-6
Páginas:
544
Encuadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
LINGUA E LITERATURA

28,50 €

IVA incluido
Comprar

Con este cuarto volume, Xosé Ramón Pena continúa o ambicioso relato da  nosa historia literaria que iniciou hai máis de cinco anos e que conta cos seguintes títulos: «Historia da Literatura Galega, I. Das orixes a 1853» (Xerais 2013); «Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento» (Xerais 2014); «Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936. A xeira das Irmandades» (Xerais 2016), e «Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975: A longa noite» (Xerais 2019).
 En liña co labor anterior, o autor alicerza unha narración documentada  da etapa que transcorre entre as tráxicas xornadas de xullo de 1936 e  os últimos días de 1975. Trátase do período da «longa noite de pedra», a partir do célebre título de Celso Emilio Ferreiro, pero tamén, desde mediados dos anos 60 e ao longo da primeira metade dos 70, do momento en que se anuncia a alborada do Segundo Rexurdimento das nosas letras, que se habería de producir tras a fin da ditadura franquista e a restauración das liberdades democráticas en España. Corenta anos de sombras e de marxinación, pois, mais tamén corenta anos de loita, de esperanzas e de logros decisivos, alumeados polas luces escintilantes dalgúns dos nomes e dos textos máis significativos  na traxectoria das letras de noso.
 Percibir a obra literaria como parte dun organismo vivo, resultado da interacción constante entre a mobilización galeguista/nacionalista e os proxectos dos diferentes autores; considerala nas coordenadas socioculturais e sociopolíticas; procurar a textualidade de cada creador; abordar o macrotexto que se conforma nas súas converxencias verticais e horizontais, todo iso determina a proposta que Xosé Ramón Pena leva a termo, alén de prexuízos e de clixés, ao longo destas páxinas. Sen dúbida, un percorrido a través dun tempo tan cheo de dificultades como fascinador.

Otros libros del autor en Llibreria Forum Babel

Materia en Llibreria Forum Babel

Xerais en Llibreria Forum Babel

  • Axenda dietario simil-pel
    Titulo del libro
    Axenda dietario simil-pel
    AA.VV
    Xerais
    No disponible

    27,59 €

  • O Rei Lagarto
    Titulo del libro
    O Rei Lagarto
    Magalhães, Alvaro
    Xerais
    Na casa do Joel, todo anda revirado. O seu pai, o señor Calafate está deprimido; e un espírito mao anda na a...
    No disponible

    11,35 €

  • ROSALIA FEMINISTA
    Titulo del libro
    ROSALIA FEMINISTA
    De Castro, Rosalia
    Xerais
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,50 €

  • Pecados veniais
    Titulo del libro
    Pecados veniais
    López, Nazaret
    Xerais
    Vinganza, traizón, envexa, ira, mentiras, luxuria, avaricia. Casualidades e causalidades. Faltas máis ou meno...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,95 €

  • UN HOME ESTRAñO
    Titulo del libro
    UN HOME ESTRAñO
    Nº 423
    Tizón, Antonio
    Xerais
    O inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso importante da súa carreira: o cri...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,95 €