Inmunda escoria

Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499141039
Año de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9914-103-9
Páginas:
528
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
175
Alto:
240
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

31,50 €

IVA incluido

«Inmunda escoria» foi o titular co que un xornal caracterizou os estudantes universitarios antifranquistas en 1968, cando as súas protestas fixeron tremer as estruturas da Ditadura. Inmunda escoria. A  universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968 nace da exposición que a Fundación 10 de Marzo lle encargou a Ricardo Gurriarán para conmemorar os corenta anos das loitas do curso 1967/68 na Universidade galega. A partir dun intenso labor de investigación en arquivos públicos -malia os impedimentos legais que amparan os tan «distantes» tempos da Ditadura franquista- e privados, así como das máis de cen entrevistas aos participantes directos e indirectos do conflito, Gurriarán analiza o que foi coñecido como «o 68 galego», que protagonizou toda unha xeración de persoas cun percorrido político, social e cultural que chega ata os nosos días. A investigación arranca no ano 1939 e avanza ano a ano para chegar ao curso 1967/68, cando as mobilizacións estudantís antifranquistas conquistaron espazos de liberdade, á custa, iso si, de non poucos desgastes persoais. Sen aqueles acontecementos, a sociedade galega de hoxe sería moi diferente. Inmunda escoria é un libro que non só enche un baleiro na historiografía, senón que está chamado a converterse, sen dúbida ningunha, nun referente para os estudos que sobre o antifranquismo se fagan no futuro. - Contén DVD con 50 entrevistas.

Otros libros del autor en Llibreria Forum Babel

Materia en Llibreria Forum Babel

Xerais en Llibreria Forum Babel

  • VACACIÓNS 4 ANOS FLOCOS DE MILLO
    Titulo del libro
    VACACIÓNS 4 ANOS FLOCOS DE MILLO
     
    Xerais
    No disponible

    14,50 €

  • O lume de Santo Antón
    Titulo del libro
    O lume de Santo Antón
    García Mañá, Luís Manuel
    Xerais
    O lume de Santo Antón, primeira novela de García Mañá, rememora as extrañas mortes, que sen explicación e...
    No disponible

    15,50 €

  • Nós nus
    Titulo del libro
    Nós nus
    Novo, Olga
    Xerais
    Nós nus é unha mestura de líquidos íntimos que tiran do poema coma dun  becerro. Os deste libro son versos ...
    No disponible

    14,05 €

  • Exercicios de galego urxente
    Titulo del libro
    Exercicios de galego urxente
    Pena, Xosé Ramón / Rosales, Manuel
    Xerais
    No disponible

    9,10 €

  • Vivendas e cidades
    Titulo del libro
    Vivendas e cidades
    SOUTO GONZALEZ, XOSE M.
    Xerais
    No disponible

    6,50 €