Desde o seu nacemento, nas estribacións da serra de Meira, en Lugo, ata a súa desembocadura na Guarda, en Pontevedra, regando o 40% do territorio galego, o rÃo Miño, o ' ' pai dos rÃos galegos ' ' , acubilla un rico e variado patrimonio natural, monumental e cultural. Conta con paraxes ' ' protexidas ' ' como as Insuas do Miño ou con entornos modificados pola man do home, nos diversos encoros que -na maiorÃa dos casos- alteraron importantes ecosistemas naturais. Un rÃo cheo de lendas, que nos falan de teiticieiras e xanas que moraban nas súas augas. A través dos Itinerarios seguindo o rÃo Miño, Paco Armada, autor desta guÃa de viaxe, ofrécenos a posibilidade de coñecer e gozar das terras e do patrimonio que se estende a ambas as dúas ribeiras do Miño, incluÃndo a parte do territorio na que compartimos o rÃo coa veciña Portugal. Descricións detalladas dos itinerarios, con preto de 1.000 km de percorrido, localidades bañadas polo augas miñotas, monumentos, historia, áreas de esparcemento, excursións a lugares de interese, rutas de sendeirismo... A guÃa vai nutrida, ademais, de mapas e máis de 400 fotografÃas que fan deste libro un referente indispensable para o viaxeiro.