LOURENÇO, XOGRAR

LOURENÇO, XOGRAR

Nº:
339
Editorial:
Galaxia
EAN:
9788491510918
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9151-091-8
Páginas:
336
Encuadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LITERARIA

Editorial Galaxia publica Lourenço, xograr, novela coa que Manuel Portas obtivo o Premio García Barros do ano 2015. A obra premiada no certame que organiza o Concello da Estrada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística trátase dunha novela histórica que recrea o período medieval en Galicia a través da peripecia dun xograr.
 En opinión do xurado, nesta obra de Manuel Portas destaca a contribución da novela á divulgación da historia e da literatura medieval galegas por medio dun personaxe pouco coñecido, o xograr Lourenço, que constitúe a porta pola que nos asomamos non so aos conflitos políticos que determinaron o que hoxe somos como país senón tamén ás vidas entrelazadas das distintas clases sociais da época. Mediado o século XIII, Lourenço, un rapaz, un humilde vilán, soña con ser trobador. Como xograr do cabaleiro Joam García de Guilhade, buscará fortuna nas cortes peninsulares no empeño de que a súa arte sexa recoñecida polos escritores contemporáneos. Nin as burlas, nin os  desprezos clasistas, nin as penalidades das continuas viaxes, nin sequera as descualificacións sobre os seus dotes literarios conseguirán vencer a súa férrea vontade. Unha morea de poetas, moitos deles nobres sen diñeiro, pululan polas cortes á procura do favor do rei. Eles non van consentir que un vulgar xograr, un aprendiz de ferreiro, fillo dun soldado anónimo e dunha simple cociñeira, poida equipararse a eles. Por se fose pouco, o mozo é de carácter namoradizo  e arrastra desde a adolescencia unha historia de amor coa filla dunha  das familias máis sobranceiras da época.
 O apaixonante e convulso mundo medieval en que se desenvolve a lírica galego-portuguesa, as intrigas palacianas, as batallas, os asaltos a castelos na guerra civil que sacode o reino de Portugal, convértense no pano de fondo para o devalar biográfico do protagonista.

Otros libros del autor en Llibreria Forum Babel

  • Un dedo manchado de tinta
    Titulo del libro
    Un dedo manchado de tinta
    Portas Fernández, Manuel
    Xerais
    Un dedo manchado de tinta non é unha novela, afirma categórico Gonzalo  Salgueiro, ou polo menos non é unha ...
    No disponible

    20,95 €

  • Amor en alpargatas
    Titulo del libro
    Amor en alpargatas
    Nº 364
    Portas Fernández, Manuel
    Xerais
    Amor en alpargatas non é unha historia real, aínda que podería selo. Por veces, os personaxes desta novela p...
    No disponible

    19,50 €

  • Faneca brava
    Titulo del libro
    Faneca brava
    Nº 336
    Portas Fernández, Manuel
    Xerais
    A da prima Concha é, sen dúbida, unha historia singular. Homes singulares na vida, se cadra, hai moitos. Alg...
    No disponible

    20,95 €

  • CERVEXA CHANG, UNHA
    Titulo del libro
    CERVEXA CHANG, UNHA
    PORTAS FERNÁNDEZ, MANUEL
    Galaxia
    Ás veces, cando temos problemas que non sabemos como resolver, cómpre afastarse da realidade e contemplala a ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    20,00 €

  • Lourenço, xograr
    Titulo del libro
    Lourenço, xograr
    Portas, Manuel
    Galaxia
    Editorial Galaxia publica Lourenço, xograr, novela coa que Manuel Portas obtivo o Premio García Barros do ano...
    No disponible

    18,50 €

Materia en Llibreria Forum Babel

  • Raíz dulce
    Titulo del libro
    Raíz dulce
    Nº 31
    F. Rivero, Juan
    Candaya
    Entre el poemario y la novela, entre la prosa y el verso, entre la biografía, la carta, la elegía y la ficci...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,00 €

  • Anverso/Reverso II
    Titulo del libro
    Anverso/Reverso II
    Nº VIII
    Mora, Vicente Luis / Garrido Moraga, Antonio / Alcaraz, Cristian / Peñarrubia, Paloma / Vilas, Manue
    Ediciones de aqui
    Con motivo de la conmemoración del cuarto centenario del fallecimiento  de Miguel de Cervantes y William Shake...
    No disponible
  • Indústrias Químicas em Portugal, As
    Titulo del libro
    Indústrias Químicas em Portugal, As
    Ribeiro, Fernando Ramoa
    Escolar editora
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,37 €

  • Romeo y julieta
    Titulo del libro
    Romeo y julieta
    Nº 12
    Shakespeares, William
    Bambu
    Cuando el amor se encarama a las ramas del destino no hay quien lo detenga. Él se llama Romeo, y es un Montesc...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,90 €

  • El enfermo imaginario
    Titulo del libro
    El enfermo imaginario
    Moliere
    Bambu
    El pobre Argan está enfermo y pasa todo el día en cama, quejándose y pendiente de los remedios que le precri...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,90 €

Galaxia en Llibreria Forum Babel

  • A noite da aurora
    Titulo del libro
    A noite da aurora
    Gonsar, Camilo
    Galaxia
    Esta historia lévanos dende Reikiavik, onde dous galegos coinciden ao trocaren moeda nun banco, á cantina sol...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,50 €

  • Murguía
    Titulo del libro
    Murguía
    Barreiro Fernández, Xosé Ramón
    Galaxia
    GBS_setViewerOptions({'showLinkChrome': false}); GBS_setLanguage('es'); GBS_insertPreviewButtonPopup('ISBN...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    40,00 €

  • Teatro completo
    Titulo del libro
    Teatro completo
    Villalta, Luísa
    Galaxia
    Henrique Rabuñal estuda e edita a obra dramática de Luísa Villalta, incluída a peza inédita "Os pasos cont...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    22,00 €

  • O misterio de Portomarín
    Titulo del libro
    O misterio de Portomarín
    Nº 212
    Yáñez Rodríguez, Antía
    Galaxia
    Mais por unha serie de casualidades van ter que investigar un misterio  que todos coidaban esquecido... como a ...
    No disponible

    15,40 €

  • Historia da literatura
    Titulo del libro
    Historia da literatura
    Fernández del Riego, Francisco
    Galaxia
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    6,24 €