Manuel Murguía. Vida e obra

Manuel Murguía. Vida e obra

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024904
ISBN:
978-84-8302-490-4
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LETRAS GALEGAS

9,55 €

IVA incluido

Manuel Murguía. Vida e obra, o volume preparado por Xosé Ramón Barreiro Fernández, catedrático e membro da Real Academia Galega, e por Xosé Luis Axeitos, profesor e investigador de Literatura Galega, pretende debuxar o perfil dun personaxe de gran interese para Galicia sen necesidade de recorrer a adxectivos grandilocuentes, nin a louvanzas desmesuradas. Os autores non pretenden ocultar as evidentes contradiccións nas que desenvolveu a vida e obra de Murguía, tratando de darlle unha explicación racional no contexto da cultura europea da época. Apórtanse datos concretos sobre certos episodios pouco coñecidos da súa vida, repasando tódalas súas actividades creativas e profesionais: periodismo e literatura, constructor do feito diferencial de Galicia, funcionario, político e académico e sempre polémico e polemista.Manuel Murguía. Vida e Obra organízase nos seguintes apartados: "Biobliografía de Manuel Murguía. Cronoloxía", traballo de carácter introductorio que permite seguir paso a paso as visitudes do personaxe a través dos correspondentes espacios vitais polos que transitou; "As etapas dunha vida", que supón un achegamento biográfico á figura humana de Murguía, dende a súa etapa compostelana (1833-1851), a súa estancia en Madrid (1851-1858), onde mesturou literatura e bohemia, á década que dedicou á historia (1959-1869), ata  á creación da Real Academia Galega, da que foi o primeiro presidente;  "Murguía, historiador do feito diferencial de Galicia", que estudia a  súa dimensión como o primeiro teorizador do feito diferencial galego,  base teórica do movemento cultural e político do galeguismo. Remata o  volume cunha completa bibliografía sobre a obra de quen é homenxeado este ano 2000, no "día das Letras Galegas". O volume inclúe, tamén, unas selección de fotos e documentos que complementan este esbozo de Manuel Murguía, no que aparece máis preto, máis humano e, xa que logo,  máis noso.

Xerais en Llibreria Forum Babel

  • (g).amor de tango.(narrativa)
    Titulo del libro
    (g).amor de tango.(narrativa)
    Queizan, Maria Xose
    Xerais
    No disponible
  • Winnipeg
    Titulo del libro
    Winnipeg
    Nº 334
    Puentes Novo, Hixinio
    Xerais
    Co advento das ditaduras morre a liberdade e a poesía. Así aconteceu tamén con aquel poeta chileno que freta...
    No disponible

    20,95 €

  • Dez eran dez
    Titulo del libro
    Dez eran dez
    Babarro, Xoán
    Xerais
    No disponible

    7,85 €

  • A festa de aniversario
    Titulo del libro
    A festa de aniversario
    Girbés Aparisi, Joan Carles
    Xerais
    Magníficos volumes en cartoné destinados a pequenos e pequenas de dous  anos en diante. Con A festa de aniver...
    No disponible

    7,20 €

  • Outros disparos de Billy, os
    Titulo del libro
    Outros disparos de Billy, os
    Reigosa, Carlos G.
    Xerais
    No disponible

    11,15 €