No país das vacas

No país das vacas

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497826969
Materia
ENSAYOS
ISBN:
978-84-9782-696-9
Páginas:
200
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
GRANDES OBRAS

Dende hai séculos asóciase a imaxe da vaca a Galicia, pero pouco sabemos do mundo que se desenvolve arredor deste animal. Hoxe a vaca é  a columna vertebral do medio rural en Galicia. As 450.000 vacas das 14.000 granxas producen 2,3 millóns de toneladas de leite por ano (o 32% da produción estatal), datos que fan de Galicia a primeira potencia leiteira española.
 Este libro, No país das vacas do fotógrafo Xurxo Lobato, quere ser un tributo visual á vaca, explicar como vive, de que vive e quen vive dela. Pretende dar a coñecer visualmente a tecnoloxía aplicada nas granxas, a variedade de razas autóctonas, a industria láctea e da carne, a gastronomía ou presentar como as vacas son obxecto de estudo na universidade. Ademais, o libro pretende presentar as representacións iconográficas onde aparece a vaca, dende o baixorrelevo romano atopado en Becerreá ao cartel de Castelao na campaña a favor da Autonomía; dende as esculturas de Asorey ás cerámicas de Seoane e pinturas de Laxeiro, pasando polo seu protagonismo na literatura galega ou nos programas de televisión.
 O libro inclúe, tamén, dous ensaios moi clarificadores e divulgativos,  os do catedrático Lourenzo Fernández Prieto ("Inventando a vaca: do reino das rubias ao reino das pintas"), que aborda o aspecto histórico; e do xornalista Julián Rodríguez ("Moita máis luz que sombras"), que achega os datos económicos básicos sobre a actual situación do sector. Ademais, acompañando as fotos e aos ensaios, diversos testemuños escritos protagonizan a mirada plural de como ven a vaca representantes de sectores sociais moi distintos. Uns dende a complicidade de quen convive con elas e outros dende a nostalxia da súa nenez ou dende unha visión urbana.
 Un libro fermoso e poliédrico que aspira a que os seus lectores e lectoras coñezan un pouco mellor o país das vacas, a súa importancia na sociedade galega, mesmo para chegar a converter a vaca nunha das iconas da nosa identidade do século XXI.

Otros libros del autor en Llibreria Forum Babel

Materia en Llibreria Forum Babel

Xerais en Llibreria Forum Babel

  • (03).INTROD.CIENCIAS POLITICAS (2O.BTO) SOCIOLOXICAS
    Titulo del libro
    (03).INTROD.CIENCIAS POLITICAS (2O.BTO) SOCIOLOXICAS
    Pérez Vérez, Pedro / Otero Couso, Luis
    Xerais
    No disponible

    26,45 €

  • Carmín
    Titulo del libro
    Carmín
    Tabuyo, Domingo
    Xerais
    Nun mesmo día Rafa Meruelo coñecerá dúas noticias inesperadas que mudarán o trancurso da súa vida: atopar...
    No disponible

    14,50 €

  • Camiño e peregrinacións na LIX. Compostela no horizonte
    Titulo del libro
    Camiño e peregrinacións na LIX. Compostela no horizonte
    Red Temática de Investigación "LIJMI"
    Xerais
    Os membros da Red Temática de Investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Ibe...
    No disponible
  • Morgún
    Titulo del libro
    Morgún
    Toro Santos, Xesús de
    Xerais
    A profecía do vello druída da fortaleza de Baroña, onde o rei Brath fora asasinado polo seu fillo Corrub, ha...
    No disponible

    11,35 €

  • A miña avoa, a miña heroína
    Titulo del libro
    A miña avoa, a miña heroína
    Fernández Trelles, Sabela
    Xerais
    Laura sempre foi unha nena alegre, forte e valente, pero ultimamente as cousas non lle van demasiado ben: sente...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,50 €