O portugués esquecido
 IBD

O portugués esquecido. O galego e os dialectos portugueses setentrionais

Nº:
42
Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484875628
Año de edición:
Materia
ENSAYOS
ISBN:
978-84-8487-562-8
Páginas:
416
Idioma:
GALEGO
Ancho:
140
Alto:
210
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
Ensaio - Pesquisa

Durante séculos, a oralidade popular das rexións setentrionais de Portugal conservou trazos fonéticos, gramaticais e lexicais que corresponden, na actualidade, a características diferenciadoras do galego a respecto do padrón lusitano. Os gramáticos, lexicógrafos e tratadistas da metrópole lisboeta combatéronas enerxicamente xa desde os inicios da tradición gramatical portuguesa no século XVI. Mais a maioría delas, por motivos culturais, históricos, sociolóxicos etc. conseguiu sobrevivir até aos anos finais do século XIX ou primordios da seguinte centuria e, nalgúns casos, inclusive se mantiveron na nosa  época. Laiovento congratúlase en dar a lume este estudo que aprofunda  neses elementos lingüísticos considerados hoxe marcadamente galegos, e, até non hai moito tempo, tamén idiosincráticos da lingua oral dialectal do Minho e de Trás-os-Montes.
NOTA Á SEGUNDA EDICIÓN
Transcorridos apenas algúns meses desde que este traballo foi dado a lume pola primeira vez, a boa acollida que tivo evidenciou a necesidade dunha nova saída do prelo. Vaia a nosa gratitude, antes de máis, para todas as persoas que mostraron interese por el, as cales, parafraseando a citación de Estevan da Guarda que abre as portas da obra, enveredaron os camiños "d'antre Doiro e Minho" d'O portugués esquecido. Precisamente, varias desas lecturas que fixeron amizades e colegas serviron para repararmos nalgunha gralla, ao paso que tamén se tornaron úteis para reflectirmos á volta de determinadas cuestións ou sobre a focaxe aplicada a diversas temáticas. A actual segunda edición, grazas á xentileza de quen leu o texto ao pouco de ser publicado, emenda eses pequenos erros de que puidemos ter noticia,  en canto mantén os mesmos capítulos e contidos que a primeira; caso haxa oportunidade no futuro, aqueles e estes poderán ser debidamente actualizados.
Finalmente, non quereriamos deixar de aproveitar a oportunidade para agradecermos a Laiovento o facto de apoiar con entusiasmo a publicación deste estudo, xa agora no seu segundo lanzamento ao público. Sen dúbida, a Galiza que soñamos ficaría máis lonxe sen proxectos como o que representa aquela feliz aventura nada en 1990 e que fai da lingua e da cultura galega e en galego a razón da  existencia da editora.
Agra do Orzán,
A Coruña, decembro de 2021

Otros libros del autor en Llibreria Forum Babel

Materia en Llibreria Forum Babel

Laiovento (ibd) en Llibreria Forum Babel

  • O REBUMBIO DOS VAGALUMES - 2ª Edc.
     IBD
    Titulo del libro
    O REBUMBIO DOS VAGALUMES - 2ª Edc.
    Alberte Santos Ledo
    Laiovento (ibd)
    O REBUMBIO DOS VAGALUMES 2ª Ed. Novembro do 215O rebumbio dos vagalumes é unha novela na que a súa protagoni...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    15,00 €

  • O PODER NA CORUÑA
     IBD
    Titulo del libro
    O PODER NA CORUÑA
    Manuel Monge
    Laiovento (ibd)
    OPODER NA CORUÑA.de Vázquez a Negreira: Un traxe á medida da especulaciónEduardo Rego, sociólogo e profeso...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    36,00 €

  • Referentias
     IBD
    Titulo del libro
    Referentias
    Xosé Lois García
    Laiovento (ibd)
    Referentias, de Xosé Lois García, é un poema monumental que transcende  as limitacións do xénero para conv...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,95 €

  • Os servizos no cambio de modelo agrario
     IBD
    Titulo del libro
    Os servizos no cambio de modelo agrario
    Ángeles Pereira Sánchez
    Laiovento (ibd)
    Título: Os servizos no cambio de modelo agrario.Subtítulo: Especialización, asociacionismo e cooperativismoE...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    24,85 €

  • O raposo Renarte e o lobo Grisengrín
     IBD
    Titulo del libro
    O raposo Renarte e o lobo Grisengrín
    Nº 448
    Lison, Richard de
    Laiovento (ibd)
    Tradución, introdución e notas de Herique Harguindey Banet-O raposo Renarte e o lobo Grisengrín (Roman de Re...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,95 €