Nacido en Cangas, en 1932, Bernardino Graña aparece vinculado na súa carreira literaria ao colectivo e máis á editorial Brais Pinto, de singular relevo no proceso de renovación literaria, plástica e mesmo ideolóxica que se leva a cabo no noso paÃs a partir de mediados dos anos cincuenta. Membro, pois, desa Xeración, pois, desa Xeración do 57, Bernardino Graña inicia a súa andaina coa publicación, en 1959, de Poema do home que quixo vivir, tÃtulo ao que seguirán outros moitos que confirman ao noso poeta como unha figura especialmente destacada dentro do panorama da literatura galega contemporánea.Escritos entre 1959 e 1963, os poemas incluÃdos en ProfecÃa do mar constitúen, sen dúbida, un dos momentos esenciais do devir poético de Graña, destacando na perfecta adecuación que se produce entre o fondo temático e máis a súa expresión lingüistico-literaria. PoesÃa de concepción totalitaria, as escollas léxicas, as imaxes e efectos rÃtmicos do texto que hoxe presentamos conflúen nun áxil dinamismo expresivo que sempre ha de emocionar ao lector máis esixente.