Unha viaxe no Ford T

Unha viaxe no Ford T

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788482887555
Año de edición:
Materia
LITERATURA CLASICA
ISBN:
978-84-8288-755-5
Idioma:
GALEGO
Ancho:
140
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LITERARIA

Unha viaxe no Ford T ten unha prosa de ritmo áxil e accións desencadeadas coa que logra manter o interese do lector ou lectora ata  o final. A personalidade literaria de Ernest Hemingway e as súas viaxes a Galicia son o marco literario no que se desenvolve a historia  que Xerardo AgraFoxo conta en Unha viaxe no Ford T. Logo da súa estadía na Finca Vigía, a casa que o escritor norteamericano posuía en  Galicia, un fotográfo descobre casualmente varias pistas que o levan a coñecer a historia de amor vivida por Hemingway en Galicia nos seus tempos de xornalista. De aquí parte a novela de AgraFoxo para ir desenvolvendo, cunha sorpresa despois doutra, unha narración na que o misterioso atractivo dunha muller vai agochar a cara oculta dunha paixón. Narrada cunha prosa directa que conquista e atrapa, esta novela é a confirmación dun escritor con oficio e pulso literario de seu. O Premio García Barros volve enriquecer o panorama narrativo galego coa obra dun escritor que renova o xénero da novela de viaxes. AgraFoxo, segundo palabras do xurado que lle outorgou este premio, xoga coas referencias culturais e fai un tratamento orixinal e moderno  que sitúa a novela na encrucillada entre o local e o cosmopolita. Unha prosa limpa, rica e vivaz, que fai que o lector ou lectora emerxa  nunha trama insospeitada que mantén a tensión narrativa durante todas  as páxinas da novela.

Otros libros del autor en Llibreria Forum Babel

Materia en Llibreria Forum Babel

Galaxia en Llibreria Forum Babel