Vigo por Magar III

Vigo por Magar III. Novas instantáneas e retratos da vida viguesa (1960-2007)

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497826884
Año de edición:
ISBN:
978-84-9782-688-4
Páginas:
288
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Manuel García Castro «Magar» ofrece neste terceiro volume da súa serie  «Vigo por Magar», iniciada en 2002, outras trescentas instantáneas, panorámicas e retratos que contribúen a enriquecer a reconstrución da historia viguesa das últimas catro décadas. Empregando as mellores posibilidades que ofrecen as ferramentas do fotoxornalismo, «Magar» ofrece unha viaxe emocionante, entrañable e comprometida polos avatares dunha cidade hiperdinámica que durante este período remudou a  súa fasquía e ampliou o seu perímetro converténdose no corazón da Galicia urbana contemporánea. Trescentos cartaces en branco e negro que densifican a memoria próxima de tres xeracións de vigueses e viguesas. No libro amósase o esforzo desta «cidade puro milagre», a dos obreiros nas factorías de Barreras e Citr"en, a das pescantinas do  Berbés, mais tamén a cidade que na rúa reclama os seus dereitos. Nin a presenza dunha longa galería de familias, alcaldes, concelleiros, empresarios, bancarios, comerciantes, xornalistas, médicos, empregados, escritores, músicos, escolares, taxistas, bombeiros, policías municipais, funcionarios, peñas de amigos ou de xentes de máis posibles. Nin se oculta a importancia do deporte nunha comunidade  con vontade de cidade olímpica, sexan os fondistas do Celta, os regatistas de esnais e traíñas, os balonmanistas do Vulcano, os futbolistas modestos do Peñasco ou os derbis do Celta co Pontevedra. Este novo «Vigo por Magar III»provoca, como os dous libros anteriores,  un recordo compartido que non é pasado nin peza de museo para nostálxicos saudosos. Un libro vivificador e vigorizante para activar a memoria propia ou familiar da cidade que ten a fortuna de ser homenaxeada pola cámara de Magar.

Otros libros del autor en Llibreria Forum Babel

Xerais en Llibreria Forum Babel

  • Pecados manuais
    Titulo del libro
    Pecados manuais
    de Cora, Xosé
    Xerais
    Un guateque era o terreo ideal para presentar unha estratexia de acoso  e derruba, especialmente se chegabamos ...
    No disponible

    11,95 €

  • A Muller Xabaril
    Titulo del libro
    A Muller Xabaril
    Casalderrey, Fina
    Xerais
    Ninguén sabía os motivos polos que unha moza de refinado encanto e elevada altura, tanto física coma intelec...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,95 €

  • A casa abandonada
    Titulo del libro
    A casa abandonada
    Heinze, Ursula
    Xerais
    No disponible

    6,00 €

  • Os megatoxos e o aprendiz de druída
    Titulo del libro
    Os megatoxos e o aprendiz de druída
    Fariña, Anxo
    Xerais
    Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no  instituto, cunha dobre vida que os imp...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,90 €

  • (G).(09).MATEMATICAS II 2O.BACH.(NATURAIS) XERAIS
    Titulo del libro
    (G).(09).MATEMATICAS II 2O.BACH.(NATURAIS) XERAIS
    Arias Cabezas, José María;Maza Sáez, Ildefonso
    Xerais
    No disponible

    36,65 €