A tribo sabe

A tribo sabe. Os vello oficios. II

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024034
ISBN:
978-84-8302-403-4
Pàgines:
176
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
CRONICA

14,00 €

IVA inclòs

A tribo sabe é a segunda entrega dunha triloxía de ensaios antropolóxicos que Xosé Vázquez Pintor comezou en Os vellos oficios (Xerais, 1996). En A tribo sabe Vázquez Pintor achégase á vida vida e bo facer dos fogueteiros fogueteiros, campaneiros, cabaqueiros, polbeiros, ferreiros, afiadores, zoqueiros, tratantes e albaneis, reconstruída dende a memoria viva dos nosos artesáns tradicionais.Recúpérase a memoria dos fogueteiros de Oza dos Ríos, da man do testemuño de Santiago Rocha Sanmartín, con cincuenta anos de oficio na pirotecnia. Dáselle voz ás tres xeracións de campaneiros de Arcos da Condesa que amosan o seu oficio desque inician a fabricación das súas campás nos seus moldes ata que funden no seu forno con leña de piñeiro ou de amieiro. Reconstrúense os traballos dos cabaqueiros do Salnés, na voz de Manuel Rodríguez Martínez e de Ramón Lourenzo do Salnés. Dáse conta dos labores da forxa e das vellas ferrerías, recollendo as testemuñas de Manuel de Viñavella, na súa forxa de Espasande de Abaixo en Riotorto, e das ferreirías de San Pedro de Bogo  na Pontenova. Apréndesenos a zoquear das mans da tradicións conservadas na Terra Cha polo zoqueiro Norberto Piñeiro Pernas ou do oficio recuperado nas terras da Merza por unha nova xeración de artesáns. No libro non quedan fóra da recuperación destes labores da tribo, a vida ambulante dos afiadores ourensáns, a gastronomía sabia dos polbeiros, o rico universo das nosas feiras e os códigos creados polos albaneis de Bueu, as lafras, reconstruídos a partir dos testemuñas froito de horas de longa conversa do autor con cada un destes artesáns.A tribo sabe recolle nun importante apartado fotográfico, documentos deste labor tradicional que aínda pervive, así  como un completo glosario de cada un dos léxicos especializados, onde  non faltan os verbos especializados dos cabaqueiros, a jalleira, nin unha ampla escolma do barallete dos afiadores. Un libro, pois, que recupera a memoria viva dos nosos vellos oficios tradicionais.

Altres llibres de l'autor a Llibreria Forum Babel

  • CANTA O CUCO
    Titulo del libro
    CANTA O CUCO
    Vázquez Pintor, Xosé
    Fervenza
    No disponible
  • Lume de biqueira
    Titulo del libro
    Lume de biqueira
    Vázquez Pintor, Xosé
    Xerais
    Vigo de Galicia, días de outono do ano 2001. O neto de Anxo Vilariño Enríquez agradece a memoria do avó, in...
    No disponible

    13,60 €

  • Quen faga voar
    Titulo del libro
    Quen faga voar
    Vázquez Pintor, Xosé
    Laiovento, s.l.
    No disponible
  • Os vellos oficios
    Titulo del libro
    Os vellos oficios
    Vázquez Pintor, Xosé
    Xerais
    No disponible

    11,35 €

  • Tal era vivir
    Titulo del libro
    Tal era vivir
    Vázquez Pintor, Xosé
    Xerais
    "Tal era vivir" é a terceira e última entrega dos ensaios antropolóxicos que Xosé Vázquez Pintor comezou n...
    No disponible

    16,65 €

Xerais a Llibreria Forum Babel

  • COSTA DO SOLPOR
    Titulo del libro
    COSTA DO SOLPOR
    Nº 170
    Lema, Xosé Mª
    Xerais
    Un tradutor recibe un manuscrito no que un descoñecido escritor en lingua inglesa narra o regreso ó porto de ...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    18,50 €

  • Segredos soterrados
    Titulo del libro
    Segredos soterrados
    Domínguez Pérez, Xabier
    Xerais
    O verán comeza prometedor no campamento que Anxela está a gozar en Muíños xunto con Sabela, Jorge e, por su...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    13,50 €

  • A abelliña que perdeu as ás
    Titulo del libro
    A abelliña que perdeu as ás
    Romero Nogueira, Ramón
    Xerais
    Unha mañá, cando está a piques de ir apañar pole coa súa cestiña, a pequena abella decátase de que perde...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    11,50 €

  • Sopa de xarope de amora
    Titulo del libro
    Sopa de xarope de amora
    Neira Cruz, Xosé A.
    Xerais
    Sopa de xarope de amora é, segundo o ditame do xurado, " unha comedia áxil e divertida, protagonizada po...
    No disponible

    16,50 €

  • A velocidade do frío
    Titulo del libro
    A velocidade do frío
    Seixas, Manuel
    Xerais
    A velocidade do frío é unha novela feita sen contemplacións, que pode tanto resultarlle aborrecible ó lecto...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    17,95 €