Alguén así é o Deus en quen eu creo

Alguén así é o Deus en quen eu creo

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498654431
Any d'edició:
Matèria
ASSAIGS
ISBN:
978-84-9865-443-1
Pàgines:
220
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
135
Alt:
210
Disponibilitat:
DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)
Col·lecció:
ENSAIO

23,55 €

IVA inclòs
Comprar

Alguén así expresa a tensión íntima que caracteriza as expresións vivas da fe. Suxire a firmeza de fondo, a confianza que nunca falla. A  súa unión dinámica co alguén apunta ao inacabamento da comprensión, ao ámbito sempre aberto do Misterio. Empeza pola exposición directa e familiar do central na fe. Faino en dous capítulos: o primeiro, cunha linguaxe máis de anuncio que de fundamentación teolóxica; o segundo acode ao rexistro simbólico, buscando a forza suxestiva de catro metáforas luminosas. A parte segunda é xa de clara formulación teolóxica, con tres capítulos: o primeiro de fundamentación radical, apoiado na creación-por-amor; os outros dous explicitan dúas consecuencias de especial relevancia para unha comprensión consecuente  da fe na cultura actual: o problema do mal e o da oración de petición. A última parte conclúe o camiño abordando cuestións de claro  talante especulativo que, dende a soleira da filosofía, se achegan ás  fronteiras do místico. Poden ser interesantes para o curioso lector ou a curiosa lectora, pero son perfectamente prescindibles para os que  prefiran non se internar neses eidos.En coedición coa Fundación Isla Couto, Galaxia publica este ensaio no que o teólogo Andrés Torres Queiruga fai unha proposta positiva, coa tranquilidade de espírito e coa apertura que sempre caracterizou a súa obra, respecto da presenza da fe na nosa cultura.

Altres llibres de l'autor a Llibreria Forum Babel

Matèria a Llibreria Forum Babel

Galaxia a Llibreria Forum Babel