Diccionario de uso para a comunicación

Diccionario de uso para a comunicación

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024188
ISBN:
978-84-8302-418-8
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
SIN COLECCION

23,35 €

IVA inclòs

Aínda que se define como diccionario de uso, ben pode cumpri-los cometidos dun diccionario de sinónimos ou mesmo dun ideolóxico. A razón de que prevaleza a denominación de uso é debida á intención de proporcionar toda a información que se considere oportuna para o correcto emprego das nosas voces, recorrendo á etimoloxía cando é preciso ou resulta ilustrativo, e disipando aquelas dúbidas que son habituais aínda fóra do ámbito da comunicación.O Diccionario de uso para a comunicación está estructurado en tres partes de dimensións desiguais: a primeira, breve en extensión, dedicada a algunhas dúbidas  e erros consolidados, trata de aclarar certas dúbidas referidas ó significante da palabra (plano da expresión), indicando cal é a súa forma correcta, como referidas ó significado (plano do contido), ou a problemas de carácter morfosintáctico; a segunda ós termos complementarios, parónimos, homónimos e cohipónimos; e a terceira, a máis longa, destinada ó estudio de familias léxicas, familias nocionais ou mesmo semánticas reúne series de termos cun contido semántico próximo. Cada serie vai encabezada por unha especie de palabra clave, que é a que figura como entrada, e o autor explica dunha maneira precisa o significado de cada un destes termos, de maneira que quede perfectamente clara a diferencia de significado existente entre eles.Estamos diante dun traballo cunha finalidade eminentemente práctica, destinado prioritariamente a resolve-las dúbidas máis frecuentes coas que se atopan os traballadores dos medios  de comunicación no desenvolvemento do seu labor, pero ó mesmo tempo non exento en moitos ca-sos dunha fonda erudición lingüística, que leva ó autor a introducir explicacións que facilitan a comprensión da decisión adoptada.Este traballo é un instrumento valioso para a mellora do nivel lingüístico nos medios de comunicación, na dobre vertente do signo lingüístico: na utilización das formas galegas correctas; e, polo outro, na precisión conceptual dos contidos.

Xerais a Llibreria Forum Babel

  • Papú. 2 anos. Terceiro Trimestre
    Titulo del libro
    Papú. 2 anos. Terceiro Trimestre
     
    Xerais
    No disponible

    14,30 €

  • Galicia, un mar con historia
    Titulo del libro
    Galicia, un mar con historia
    Dubert, Isidro
    Xerais
    Galicia ten un mar con historia e unha historia con mar. O mar situou o país na cerna da historia europea e do...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    22,95 €

  • TEXTOS 2ºPRIMARIA. COMPRENDETEXTOS. LINGUA GALEGA
    Titulo del libro
    TEXTOS 2ºPRIMARIA. COMPRENDETEXTOS. LINGUA GALEGA
    Fernandez Trelles, Sabela
    Xerais
    No disponible

    Consulteu a la nostra
    Llibreria

  • Unha mente que voa
    Titulo del libro
    Unha mente que voa
    Mariño, Xurxo
    Xerais
    Agora mesmo, ao ler estas liñas, estás a utilizar a habilidade máis sorprendente e extraordinaria da túa me...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    20,95 €

  • O CEO DAS REIXAS
    Titulo del libro
    O CEO DAS REIXAS
    Ríos, Eli
    Xerais
    Noelia está presa no módulo de respecto cando na cela contigua sucede algo grave. Ela, que é cirurxiá, sén...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    16,95 €