Diccionario de uso para a comunicación

Diccionario de uso para a comunicación

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024188
ISBN:
978-84-8302-418-8
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

23,35 €

IVA incluido

Aínda que se define como diccionario de uso, ben pode cumpri-los cometidos dun diccionario de sinónimos ou mesmo dun ideolóxico. A razón de que prevaleza a denominación de uso é debida á intención de proporcionar toda a información que se considere oportuna para o correcto emprego das nosas voces, recorrendo á etimoloxía cando é preciso ou resulta ilustrativo, e disipando aquelas dúbidas que son habituais aínda fóra do ámbito da comunicación.O Diccionario de uso para a comunicación está estructurado en tres partes de dimensións desiguais: a primeira, breve en extensión, dedicada a algunhas dúbidas  e erros consolidados, trata de aclarar certas dúbidas referidas ó significante da palabra (plano da expresión), indicando cal é a súa forma correcta, como referidas ó significado (plano do contido), ou a problemas de carácter morfosintáctico; a segunda ós termos complementarios, parónimos, homónimos e cohipónimos; e a terceira, a máis longa, destinada ó estudio de familias léxicas, familias nocionais ou mesmo semánticas reúne series de termos cun contido semántico próximo. Cada serie vai encabezada por unha especie de palabra clave, que é a que figura como entrada, e o autor explica dunha maneira precisa o significado de cada un destes termos, de maneira que quede perfectamente clara a diferencia de significado existente entre eles.Estamos diante dun traballo cunha finalidade eminentemente práctica, destinado prioritariamente a resolve-las dúbidas máis frecuentes coas que se atopan os traballadores dos medios  de comunicación no desenvolvemento do seu labor, pero ó mesmo tempo non exento en moitos ca-sos dunha fonda erudición lingüística, que leva ó autor a introducir explicacións que facilitan a comprensión da decisión adoptada.Este traballo é un instrumento valioso para a mellora do nivel lingüístico nos medios de comunicación, na dobre vertente do signo lingüístico: na utilización das formas galegas correctas; e, polo outro, na precisión conceptual dos contidos.

Xerais en Llibreria Forum Babel

  • Criando malvas. Os Minimortos
    Titulo del libro
    Criando malvas. Os Minimortos
    Costas, Ledicia
    Xerais
    Petunio leva días preocupado. As flores que viven na súa cabeza están algo murchas. Necesita unha solución....
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €

  • Historia da literatura infantil e xuvenil galega
    Titulo del libro
    Historia da literatura infantil e xuvenil galega
    Roig Rechou, Blanca Ana
    Xerais
    A presente Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega é o resultado dun traballo conxunto no que partici...
    No disponible
  • Catapulta
    Titulo del libro
    Catapulta
    Álvarez Cáccamo, Alfonso
    Xerais
    No disponible

    11,60 €

  • As cidades mergulladas
    Titulo del libro
    As cidades mergulladas
    Miranda, Xosé
    Xerais
    Este volume recolle e reoordena a produción poética de Xosé Miranda nos case últimos vinte anos. Prologado ...
    No disponible

    25,70 €

  • Blúmsdei
    Titulo del libro
    Blúmsdei
    Cid Cabido, Xosé
    Xerais
    O autor narra, en tempo real de escritura, durante once días, os acontecementos nos que participou na xornada ...
    No disponible