Elementos de crítica literaria

Elementos de crítica literaria

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497822534
Any d'edició:
ISBN:
978-84-9782-253-4
Pàgines:
696
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
UNIVERSITARIA

36,30 €

IVA inclòs

Este libro, coordinado polo profesor Arturo Casas, márcase o obxectivo  de elaborar unha achega sistemática e cohesionada sobre a Crítica no marco xeral dos Estudos literarios. Para alcanzalo, comeza por delimitar a identidade da Crítica como disciplina e por dirimir o lugar e funcións que lle corresponden en tanto actividade social, cuestións tratadas no primeiro dos seus tres bloques, "Aspectos teóricos". No segundo e no terceiro, "A Crítica e os xéneros" e "A Crítica e o espazo interartístico", expóñense as claves analíticas de diversos métodos crítico-literarios e efectúanse aplicacións concretas  dos seus operativos sobre os arquixéneros recoñecidos pola Poéticas clásicas ou modernas (narrativa, poesía, teatro e ensaio) e sobre diferentes clases textuais ou discursivas (o diálogo, a descrición, a narración ou a argumentación, entre outras). Tamén se revisan neses percorridos problemas tan relevantes como a experiencia da lectura, a ficcionalidade ou a propia noción de xénero e as súas posibilidades tipolóxicas.  "Elementos de Crítica literaria" é un manual vinculado á ampla experiencia docente e investigadora do grupo de Teoría da literatura e  Literatura comparada da Universidade de Santiago de Compostela (TLLC-USC). Dos capítulos do libro responsabilizáronse especialistas en cada un dos sectores delimitados polo coordinador, de maneira que aos panoramas de conxunto puido sumarse en cada caso un pormenorizado estado da cuestión que presenta con rigor a tradición académica e asemade achega información moi precisa sobre o rico e complexo debate actual en torno ao feito literario e cultural. Son autores da obra: Anxo Abuín González, Silvia Alonso, Fernando Cabo Aseguinolaza, Arturo  Casas, Iris Cochón Otero, César Domínguez, Antonio J. Gil, María do Cebreiro Rábade Villar, Angeles Rodríguez Fontela, Norma Rodríguez González, Iria Sobrino Freire, Teresa Vilariño Picos e Darío Villanueva.

Xerais a Llibreria Forum Babel

  • Armán e a Fábrica podre
    Titulo del libro
    Armán e a Fábrica podre
    Llort / Marcip
    Xerais
    Arman descubriu os trapos sucios da fábrica de Bundesfraü. Está decidido a deter o desastre e salvar os anim...
    No disponible

    13,50 €

  • Tucho Despistes
    Titulo del libro
    Tucho Despistes
    Santiso, Ana
    Xerais
    Tucho Despistes sempre anda despistado, fai os recados mal, perde as cousas e non sabe onde as deixaà A s...
    No disponible
  • O novo diario dun xove maniático
    Titulo del libro
    O novo diario dun xove maniático
    Macfarlane, Aidan;McPherson, Ann
    Xerais
    Pete Payne ten catorce anos. Un día descobre que padece de hipocondría, que é un completo maniático da saú...
    No disponible

    11,80 €

  • DEBAIXO DUN PARASOL
    Titulo del libro
    DEBAIXO DUN PARASOL
    Nº 263
    Arias Correa, Azucena
    Xerais
    Despois do longo inverno xa é posible sentir o cheiro salgado e húmido  da praia, a pesar de haber tanta xent...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    14,90 €

  • Non cantan paxaros neste bosque
    Titulo del libro
    Non cantan paxaros neste bosque
    Negro, Carlos
    Xerais
    O medo. Un xuramento de sangue. O fulgor dunha moeda romana. O voo dunha mosca sobre o mantel da cociña. O ras...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    13,95 €