Elementos de crítica literaria

Elementos de crítica literaria

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497822534
Año de edición:
ISBN:
978-84-9782-253-4
Páginas:
696
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

36,30 €

IVA incluido

Este libro, coordinado polo profesor Arturo Casas, márcase o obxectivo  de elaborar unha achega sistemática e cohesionada sobre a Crítica no marco xeral dos Estudos literarios. Para alcanzalo, comeza por delimitar a identidade da Crítica como disciplina e por dirimir o lugar e funcións que lle corresponden en tanto actividade social, cuestións tratadas no primeiro dos seus tres bloques, "Aspectos teóricos". No segundo e no terceiro, "A Crítica e os xéneros" e "A Crítica e o espazo interartístico", expóñense as claves analíticas de diversos métodos crítico-literarios e efectúanse aplicacións concretas  dos seus operativos sobre os arquixéneros recoñecidos pola Poéticas clásicas ou modernas (narrativa, poesía, teatro e ensaio) e sobre diferentes clases textuais ou discursivas (o diálogo, a descrición, a narración ou a argumentación, entre outras). Tamén se revisan neses percorridos problemas tan relevantes como a experiencia da lectura, a ficcionalidade ou a propia noción de xénero e as súas posibilidades tipolóxicas.  "Elementos de Crítica literaria" é un manual vinculado á ampla experiencia docente e investigadora do grupo de Teoría da literatura e  Literatura comparada da Universidade de Santiago de Compostela (TLLC-USC). Dos capítulos do libro responsabilizáronse especialistas en cada un dos sectores delimitados polo coordinador, de maneira que aos panoramas de conxunto puido sumarse en cada caso un pormenorizado estado da cuestión que presenta con rigor a tradición académica e asemade achega información moi precisa sobre o rico e complexo debate actual en torno ao feito literario e cultural. Son autores da obra: Anxo Abuín González, Silvia Alonso, Fernando Cabo Aseguinolaza, Arturo  Casas, Iris Cochón Otero, César Domínguez, Antonio J. Gil, María do Cebreiro Rábade Villar, Angeles Rodríguez Fontela, Norma Rodríguez González, Iria Sobrino Freire, Teresa Vilariño Picos e Darío Villanueva.

Xerais en Llibreria Forum Babel

  • A guerra dos mundos
    Titulo del libro
    A guerra dos mundos
    Wells, H. G.
    Xerais
    A guerra dos mundos conta a invasión da Terra por parte dos marcianos e describe as consecuencias destructivas...
    No disponible

    14,00 €

  • Nación, literatura, identidade
    Titulo del libro
    Nación, literatura, identidade
    Figueroa Lorenzana, Antonio
    Xerais
    Como a figura artística no tapiz, os textos literarios vanse urdindo na trama social. Sen embargo, o texto e o...
    No disponible

    15,30 €

  • COMÚN TEMOS A PATRIA. BIOGRAFÍA DOS IRMÁNS VILLAR PONTE
    Titulo del libro
    COMÚN TEMOS A PATRIA. BIOGRAFÍA DOS IRMÁNS VILLAR PONTE
    Martinez Gonzales, Xurxo / Insua Lopez
    Xerais
    «Todo canto eu fixen se acha ateigado dun amor a Galiza que calquera poderá igualar, pero nunca superar.» A ...
    No disponible
  • O SOÑO DO MERLO BRANCO
    Titulo del libro
    O SOÑO DO MERLO BRANCO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Xerais
    Grou, o Merlo Vello, ensínalles aos merliños máis novos todo aquilo canto deben saber para sobrevivir. Buleb...
    No disponible
  • Axenda dietario xerais
    Titulo del libro
    Axenda dietario xerais
    AA.VV
    Xerais
    No disponible

    16,00 €