Trinta e dous dentes

Trinta e dous dentes

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788471540003
Any d'edició:
Matèria
LITERATURA
ISBN:
978-84-7154-000-3
idioma:
GALEGO
Ample:
135
Alt:
210
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
LITERARIA

Finalista Premio Torrente Ballester 2006Sen causa aparente, o autor e director teatral Paulo Barreiro acorda unha mañá convertido nun cativo  de dez ou once anos. Así comeza a nova achega narrativa de Xabier López López na que, baixo o revestimento dunha novela picaresca e de iniciación, atopamos unha narración chea de sorpresas, entretecida con  mitos e homenaxes literarias. Finalista do Premio Torrente Ballester 2006, Trinta e dous dentes xoga coas ideas de aparencia e identidade para trazar unha metáfora sobre a minoría de idade imposta a individuos, culturas e sociedades.Titulares de prensaTRINTA E DOUS DENTESUnha novela de case trescentas páxinas corre o risco nestes tempos de converterse, como se di popularmente, nun ladrillo. En cambio, o lector que se achegue a Trinta e dous dentes, de Xabier López López (Bergondo, 1974), non deixará o libro ata o final, porque o autor consegue artillar unha historia con gancho e intriga.O protagonista, Paulo Barreiro, é un director teatral divorciado que unha noite metese na cama e "unha fría e luminosa mañá de outono", sen  unha razón comprensible, esperta co tamaño dun neno de once ou doce anos, pero cos 32 dentes dun adulto na súa boca. De aí en diante, Xabier López, finalista do Premio Torrente Ballester (2006), relátanos  as aventuras dun rapaz que pensa e fala como o home groso e trouleiro  que foi.Polas páxinas transitan seres fracasados, marxinais, febles resentidos, burócratas indiferentes, triunfadores e ambiciosos. Pero tamén avariciosos, ruíns e moralistas. Todos representantes de distintos estratos dunha sociedade na que aínda predomina a figura do encerro (hospicio da Xunta, internado do colexio e casa luxosa, pero afastada da cidade) fronte ao concepto de control, máis propio dunha sociedade dixital.Tres referencias principais da literatura mundial resoan no trasfondo desta historia: Gregor Samsa, protagonista da Metamorfosis, de Kafka; El increíble hombre menguante, de Jack Arnold,  ou Gulliver (J.Swift). Pero o autor tamén rende homenaxe a outros moitos escritores clásicos, modernos e contemporáneos.Aínda que talvez  é un pouco reiterativo nas descricións dos personaxes e das situacións, e incluso se recrea excesivamente nas escenas da relación erótico-sadomasoquista que manteñen os pais putativos do protagonista,  na que tamén se acaba metendo, aínda que dun xeito clandestino, Xabier López debuxa un pequeno retablo no que se mesturan a sátira humorística e corrosiva cunha reflexión sobre a nosa sociedade. Con todo, unha pregunta: ¿non son demasiados dentes para tan pouca codia?Gonzalo TrasbachSábado 28 de xullo de 2007La Voz de Galicia. Culturas

Altres llibres de l'autor a Llibreria Forum Babel

  • Olympia Ring, 1934
    Titulo del libro
    Olympia Ring, 1934
    López López, Xabier
    Gregal
    Otoño de 1934. Barcelona. Mientras la ciudad se recupera de la frustrada proclamación del Estado Catalán, lo...
    No disponible

    17,00 €

  • MAX & FRANZ
    Titulo del libro
    MAX & FRANZ
    Nº 1527
    López López, Xabier
    Pre-textos
    Tel Aviv, 1968. Instigado por las sombras que lo acechan ?al otro lado  del espejo?, Max Brod, el camarada y al...
    No disponible
  • O SEGREDO DA VELLA LIBRERÍA
    Titulo del libro
    O SEGREDO DA VELLA LIBRERÍA
    Nº 222
    López López, Xabier
    Galaxia
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    15,10 €

  • El viejo tiburon pierde los dientes
    Titulo del libro
    El viejo tiburon pierde los dientes
    Xabier Lopez Lopez
    Edebe
    En lo más profundo y mojado del mar, vivía un tiburón blanco, gordo como una ballena, que ya no recordaba su...
    No disponible

    7,95 €

  • 1989
    Titulo del libro
    1989
    LOPEZ LOPEZ, XABIER
    Adeshoras
    A finales de 1989, la llegada de un japonés a un pueblo de las Mariñas  coruñesas revoluciona y aviva ilusio...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias..)

    13,00 €

Matèria a Llibreria Forum Babel

Galaxia a Llibreria Forum Babel

  • Ola, ola, la!
    Titulo del libro
    Ola, ola, la!
    Mamá Cabra
    Galaxia
    Galaxia inicia unha nova colección para achegar a música aos máis pequechos e pequechas da casa. O nome xa ...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    20,00 €

  • Remuíño de sombras
    Titulo del libro
    Remuíño de sombras
    Neira Vilas, Xosé
    Galaxia
    O tema da emigración, tantas veces tratado por Neira Vilas na súa obra  narrativa, visto agora desde unha per...
    No disponible

    11,50 €

  • Os ollos da sentinela
    Titulo del libro
    Os ollos da sentinela
    Valcárcel, Xesús Manuel
    Galaxia
    A mestura de elementos como a inocencia e a crueldade, a traxedia e a humorada, o realismo minucioso e a fantas...
    No disponible
  • Ilustrísima
    Titulo del libro
    Ilustrísima
    Casares, Carlos
    Galaxia
    No disponible

    10,80 €

  • Catrocentos nomes galegos pra homes e mulleres
    Titulo del libro
    Catrocentos nomes galegos pra homes e mulleres
    Seixas Subirá, Xaime
    Galaxia
    No disponible

    1,82 €