Trinta e dous dentes

Trinta e dous dentes

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788471540003
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-7154-000-3
Idioma:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LITERARIA

Finalista Premio Torrente Ballester 2006Sen causa aparente, o autor e director teatral Paulo Barreiro acorda unha mañá convertido nun cativo  de dez ou once anos. Así comeza a nova achega narrativa de Xabier López López na que, baixo o revestimento dunha novela picaresca e de iniciación, atopamos unha narración chea de sorpresas, entretecida con  mitos e homenaxes literarias. Finalista do Premio Torrente Ballester 2006, Trinta e dous dentes xoga coas ideas de aparencia e identidade para trazar unha metáfora sobre a minoría de idade imposta a individuos, culturas e sociedades.Titulares de prensaTRINTA E DOUS DENTESUnha novela de case trescentas páxinas corre o risco nestes tempos de converterse, como se di popularmente, nun ladrillo. En cambio, o lector que se achegue a Trinta e dous dentes, de Xabier López López (Bergondo, 1974), non deixará o libro ata o final, porque o autor consegue artillar unha historia con gancho e intriga.O protagonista, Paulo Barreiro, é un director teatral divorciado que unha noite metese na cama e "unha fría e luminosa mañá de outono", sen  unha razón comprensible, esperta co tamaño dun neno de once ou doce anos, pero cos 32 dentes dun adulto na súa boca. De aí en diante, Xabier López, finalista do Premio Torrente Ballester (2006), relátanos  as aventuras dun rapaz que pensa e fala como o home groso e trouleiro  que foi.Polas páxinas transitan seres fracasados, marxinais, febles resentidos, burócratas indiferentes, triunfadores e ambiciosos. Pero tamén avariciosos, ruíns e moralistas. Todos representantes de distintos estratos dunha sociedade na que aínda predomina a figura do encerro (hospicio da Xunta, internado do colexio e casa luxosa, pero afastada da cidade) fronte ao concepto de control, máis propio dunha sociedade dixital.Tres referencias principais da literatura mundial resoan no trasfondo desta historia: Gregor Samsa, protagonista da Metamorfosis, de Kafka; El increíble hombre menguante, de Jack Arnold,  ou Gulliver (J.Swift). Pero o autor tamén rende homenaxe a outros moitos escritores clásicos, modernos e contemporáneos.Aínda que talvez  é un pouco reiterativo nas descricións dos personaxes e das situacións, e incluso se recrea excesivamente nas escenas da relación erótico-sadomasoquista que manteñen os pais putativos do protagonista,  na que tamén se acaba metendo, aínda que dun xeito clandestino, Xabier López debuxa un pequeno retablo no que se mesturan a sátira humorística e corrosiva cunha reflexión sobre a nosa sociedade. Con todo, unha pregunta: ¿non son demasiados dentes para tan pouca codia?Gonzalo TrasbachSábado 28 de xullo de 2007La Voz de Galicia. Culturas

Otros libros del autor en Llibreria Forum Babel

  • CADENAS
    Titulo del libro
    CADENAS
    LóPEZ LóPEZ, XABIER
    Hoja de lata
    En una taberna remota hay quien afirma que el poeta Manuel Antonio perdió la cabeza por una mujer vestida de b...
    No disponible
  • Olympia Ring, 1934
    Titulo del libro
    Olympia Ring, 1934
    López López, Xabier
    Gregal
    Otoño de 1934. Barcelona. Mientras la ciudad se recupera de la frustrada proclamación del Estado Catalán, lo...
    No disponible

    17,00 €

  • Cancodrilo vai a escola
    Titulo del libro
    Cancodrilo vai a escola
    Nº 1
    López, Xabier
    Linteo
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    10,90 €

  • CANCODRILO FAI UN PASTEL
    Titulo del libro
    CANCODRILO FAI UN PASTEL
    Nº 7
    López, Xabier
    Linteo
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    10,90 €

  • Tres segundos na zona
    Titulo del libro
    Tres segundos na zona
    Lopez Lopez, Francisco Xabier
    Oqueleo
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,50 €

Materia en Llibreria Forum Babel

Galaxia en Llibreria Forum Babel

  • O corpo transparente das horas
    Titulo del libro
    O corpo transparente das horas
    Nº 102
    Pérez, Abraham
    Galaxia
    A preocupación ontolóxica segue a ser o elemento xenético que articula  a voz poética, mais nesta obra...
    No disponible
  • Diccionario latín-galego
    Titulo del libro
    Diccionario latín-galego
    Carracedo Fraga, José
    Galaxia
    No disponible

    27,50 €

  • C.MEDIOAMBIENTAIS SAUDE.(3O-4O.ESO)
    Titulo del libro
    C.MEDIOAMBIENTAIS SAUDE.(3O-4O.ESO)
    Potí Vázquez, Begoña / Meyer, Franck / coord.
    Galaxia
    No disponible

    24,70 €

  • Performance. Unha introdución crítica
    Titulo del libro
    Performance. Unha introdución crítica
    Carlson, Marvin
    Galaxia
    Este volume ofrece unha panorámica xeral arredor dun fenómeno artístico que gozou de pleno desenvolvemento n...
    No disponible
  • O Courel
    Titulo del libro
    O Courel
    Vázquez Saavedra, Mercedes
    Galaxia
    Nas terras do Courel pódese gozar da natureza desbordante en todo o seu esplendor, onde se pode sentir aínda ...
    No disponible

    19,90 €