Xeórxicas

Xeórxicas

Nº:
53
Editorial:
Rinoceronte editora s.l.
EAN:
9788419795700
Any d'edició:
Matèria
NARRATIVA
ISBN:
978-84-19795-70-0
Pàgines:
138
Enquadernació:
RUSTICA
idioma:
GALEGO
Ample:
145
Alt:
220
Disponibilitat:
DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)
Col·lecció:
Vétera

17,00 €

IVA inclòs
Comprar

A edición definitiva das Xeórxicas componse de catro libros, todos eles de extensión semellante, arredor dos cincocentos versos. O libro primeiro ábrese cunha dedicatoria a Mecenas na que o poeta introduce xa os temas dos que vai tratar ao longo da obra: traballo da terra, cultivo da vide, gandería e coidado das abellas. O libro segundo comeza cun himno a Baco, deus do viño, pois nesta parte da obra tratarase do cultivo e do coidado das viñas, aínda que tamén das árbores silvestres e froiteiras, e mais das oliveiras. O libro terceiro ábrese cunha nova invocación aos deuses, desta volta a Pales e a Aristeo. Virxilio advirte de que non tratará temas heroicos, de sobra coñecidos polos romanos, senón que abrirá un novo camiño coa súa poesía; vai traer as Musas de Aonia, isto é, da terra de Hesíodo. Virxilio comeza o libro cuarto advertindo de que vai  falar sobre o mel, e pedíndolle a Mecenas que atenda tamén a esta parte.
 O sentir que subxace á obra é a dignificación do traballo do labrego. Como o propio Virxilio afirma, o campesiño sostén a patria dende o campo, que é unha fonte de alimento para todos. Na Roma contemporánea, azoutada polas guerras civís, é necesario deixar de fundir apeiros para forxar armas; o labrego ten que volver ao seu traballo, que certamente é duro pero necesario.
 O traballo sen descanso vese recompensado, en certa medida, pola vida tranquila que leva o labrego, afastado das preocupacións que traen a riqueza e o éxito social, retirado en paraxes naturais que o invitan a vivir feliz, satisfeito xa só polo simple feito de ser quen de procurar o seu propio alimento. O labrego, ademais, conserva os preceptos dos antepasados, respecta o culto aos deuses e coida da súa familia.
 As Xeórxicas están escritas en hexámetros dactílicos, mais na nosa tradución optamos pola prosa ante a imposibilidade de crear un texto en galego que mantivese a métrica orixinal e permitise unha lectura fluída.

Altres llibres de l'autor a Llibreria Forum Babel

Matèria a Llibreria Forum Babel

Rinoceronte editora s.l. a Llibreria Forum Babel

  • Os dominios de Gólgur
    Titulo del libro
    Os dominios de Gólgur
    Alonso Oreiro, John
    Rinoceronte editora s.l.
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    18,01 €

  • O canguro alcohólico
    Titulo del libro
    O canguro alcohólico
    Nº 41
    Cook, Kenneth
    Rinoceronte editora s.l.
    Un canguro adicto á cervexa, un piloto que se desmaia ao ver animais ou unha avestruz con instinto suicida son...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    17,00 €

  • O ACONTECEMENTO
    Titulo del libro
    O ACONTECEMENTO
    Annie Ernaux
    Rinoceronte editora s.l.
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    17,00 €

  • Diccionario de música popular en Galicia
    Titulo del libro
    Diccionario de música popular en Galicia
    Camafeita Longa, Olga M.
    Rinoceronte editora s.l.
    No disponible

    16,00 €

  • KALEVALA
    Titulo del libro
    KALEVALA
    Nº 18
    Lonnrot, Elias
    Rinoceronte editora s.l.
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    24,00 €