Xeórxicas

Xeórxicas

Nº:
53
Editorial:
Rinoceronte editora s.l.
EAN:
9788419795700
Año de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-19795-70-0
Páginas:
138
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
Vétera

17,00 €

IVA incluido
Comprar

A edición definitiva das Xeórxicas componse de catro libros, todos eles de extensión semellante, arredor dos cincocentos versos. O libro primeiro ábrese cunha dedicatoria a Mecenas na que o poeta introduce xa os temas dos que vai tratar ao longo da obra: traballo da terra, cultivo da vide, gandería e coidado das abellas. O libro segundo comeza cun himno a Baco, deus do viño, pois nesta parte da obra tratarase do cultivo e do coidado das viñas, aínda que tamén das árbores silvestres e froiteiras, e mais das oliveiras. O libro terceiro ábrese cunha nova invocación aos deuses, desta volta a Pales e a Aristeo. Virxilio advirte de que non tratará temas heroicos, de sobra coñecidos polos romanos, senón que abrirá un novo camiño coa súa poesía; vai traer as Musas de Aonia, isto é, da terra de Hesíodo. Virxilio comeza o libro cuarto advertindo de que vai  falar sobre o mel, e pedíndolle a Mecenas que atenda tamén a esta parte.
 O sentir que subxace á obra é a dignificación do traballo do labrego. Como o propio Virxilio afirma, o campesiño sostén a patria dende o campo, que é unha fonte de alimento para todos. Na Roma contemporánea, azoutada polas guerras civís, é necesario deixar de fundir apeiros para forxar armas; o labrego ten que volver ao seu traballo, que certamente é duro pero necesario.
 O traballo sen descanso vese recompensado, en certa medida, pola vida tranquila que leva o labrego, afastado das preocupacións que traen a riqueza e o éxito social, retirado en paraxes naturais que o invitan a vivir feliz, satisfeito xa só polo simple feito de ser quen de procurar o seu propio alimento. O labrego, ademais, conserva os preceptos dos antepasados, respecta o culto aos deuses e coida da súa familia.
 As Xeórxicas están escritas en hexámetros dactílicos, mais na nosa tradución optamos pola prosa ante a imposibilidade de crear un texto en galego que mantivese a métrica orixinal e permitise unha lectura fluída.

Otros libros del autor en Llibreria Forum Babel

Materia en Llibreria Forum Babel

  • AFRICA HACIA EL SIGLO XXI
    Antiguo
    Titulo del libro
    AFRICA HACIA EL SIGLO XXI
    Nº 12
    TRUJILLO, JOSE R.
    Sial ediciones
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días..)

    27,05 €

  • INFRARROJO
    Titulo del libro
    INFRARROJO
    HUSTON, NANCY
    Salamandra
    No disponible

    19,00 €

  • Enemigos de la luz
    Titulo del libro
    Enemigos de la luz
    Henderson, C. J.
    Debolsillo
    No disponible

    6,75 €

  • Yo, Julia (Julia Domna I)
    Titulo del libro
    Yo, Julia (Julia Domna I)
    Nº FB
    Posteguillo, Santiago
    Booket
    Solo una mujer puede forjar una dinastíaNovela galardonada con el Premio Planeta JULIA DOMNA, de Santiago...
    No disponible

    7,95 €

  • L'OMBRA DEL DUBTE
    Titulo del libro
    L'OMBRA DEL DUBTE
    Kurbjuweit, Dirk
    Amsterdam
    No disponible

Rinoceronte editora s.l. en Llibreria Forum Babel

  • (g).77.volta ao mundo en 72 dias, a.(nova)
    Titulo del libro
    (g).77.volta ao mundo en 72 dias, a.(nova)
    Bly, Nelly
    Rinoceronte editora s.l.
    En 1888, a xornalista Nellie Bly propúxolle ao seu editor no New York World completar a volta ao mundo en 80 d...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    21,00 €

  • O BOSQUE DOS AFORCADOS
    Titulo del libro
    O BOSQUE DOS AFORCADOS
    Dumontheuil, Nicolas
    Rinoceronte editora s.l.
    Oiva Juntunen conseguiu fuxir co botín dun roubo mentres o seu cómplice cumpre condena. Cando este sae do cá...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,00 €

  • O curioso incidente do can á media noite
    Titulo del libro
    O curioso incidente do can á media noite
    Haddon, Mark
    Rinoceronte editora s.l.
    No disponible

    18,50 €

  • Maimai
    Titulo del libro
    Maimai
    Shimazaki, Aki
    Rinoceronte editora s.l.
    A repentina morte de Mitsuko colle a todo o mundo por sorpresa, incluídos os clientes da súa libraría. A xen...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    17,00 €

  • (g).ponte sobre o drina, a.(nova)
    Titulo del libro
    (g).ponte sobre o drina, a.(nova)
    Andric, Ivo
    Rinoceronte editora s.l.
    Un cativo labrego, arrincado dos brazos da súa nai, queda marcado ao cruzar as bravas augas dun río. Ese mesm...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    21,90 €